DIARIO OFICIAL DE GALICIA
Rango: Decreto
Fecha de disposición: 21/01/1999
Fecha de publicación: 01/02/1999
Número de boletín: 1090
Órgano emisor: Consejería de Política
Título:
Decreto 8/1999, do 21 de xaneiro,
polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento lexislativo do capítulo
IV da Lei 8/1993, reguladora da Administración hidráulica, relativo
ó canon de saneamento
Decreto 8/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento lexislativo do capítulo IV da Lei 8/1993, reguladora da Administración hidráulica, relativo ó canon de saneamento.
A Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica
de Galicia crea e regula nos seus aspectos esenciais o canon de saneamento como
ingreso de dereito público da Comunidade Autóno-ma, facultando
o Consello da Xunta para dicta-las disposicións regulamentarias de desenvolvemento
da devandita regulación, cunha habilitación xeral que se complementa
coas específicas chamadas ó regulamento contidas nos diversos
preceptos da lei.
Ingreso de dereito público que participa da natureza dos tributos, xa
que a súa estructura e elementos esenciais, definidos nos artigos 34
a 41 da devandita lei, coinciden cos previstos no artigo 10 da vixente Lei xeral
tributaria para a xeneralidade dos tributos.
Para estes efectos,
o Consello da Xunta de Galicia dictou o Decreto 27/1996, do 25 de xaneiro, polo
que se daba cumprimento ó previsto na norma legal, adoptando a forma
de desenvolvemento xeral do tributo naquilo que ten de singular e facendo remisións
expresas ou xenéricas ás disposicións comúns aplicables
ó resto de tributos de Galicia.
Nembargantes, a experiencia de máis de dous anos na xestión recadatoria
do canon de saneamento por parte da Administración hidráulica
de Galicia, xunto coa recente aplicación do tributo ós usuarios
domésticos da auga desde o pasado 1 de xullo, tal como
se prevía na Lei de orzamentos do exercicio que corre, aconsellan revisar
e modifica-lo devandito Decreto 27/1996 en varios dos seus aspectos, sin-gularmente
aqueles referidos á intervención das enti-dades subministradoras,
e os correspondentes á
determinación do canon por volume e por medición directa da carga
contaminante.
É por isto que se dicta o presente decreto, o cal, para maior seguridade
xurídica, refunde nun só documento normativo o anterior Decreto
27/1996 xunto coas modificacións e revisións operadas polo novo
decreto, obténdose así un único texto regulamentario,
de mais fácil consulta e aplicación.
Así pois, na regulación que se efectúa, o canon de saneamento
configúrase, despois das disposicións xerais (Art.1 a 3)apartir
da definición dos seus elementos esenciais. De acordo coa delimitación
legal, o feito impoñible (Art. 4) consiste na utili-zación
ou dispoñibilidade da auga por razón da con-taminación
producida. Seguen os preceptos dedi-cados ó devengo e ós suxeitos
pasivos (Art.5 e 6), e dáse o tratamento da base impoñible e correla-tivamente
do tipo impositivo (Arts. 7 a 14) un carác-ter
nuclear, ó establecer detalladamente os métodos de determinación
da base, segundo o modelo da Lei xeral tributaria, atendendo especialmente á
consi-deración dos usos da auga e ós diversos parámetros
para a determinación da carga contaminante.
De acordo coa distinción legal, o regulamento esta-blece procedementos
de xestión do canon, segundo deba ser percibido por entidades subministradoras
de auga (Cap. 2º) ou aboado por aproveitamentos efectuados directamente
polo contribuínte, sexa en
función do volume de auga utilizada (Cap. 3º, sección 1ª)
ou pola contaminación producida (sección 2ª).
Os devanditos procedementos de xestión artéllanse de acordo con
criterios de simplificación de trámites e de garantía da
posición xurídica dos interesados mediante a súa comparecencia
nos diversos expedientes de fixación de modalidades de aplicación,
bases e tipos de gravame.
Finalmente, unha parte extensa da regulación dedícase ás
normas adxectivas en materia de xestión, con atención especial
ós procedementos de comprobación e investigación, recadación,
sanción e revisión, que constitúen un contido necesario
de
acordo co criterio expresado de tratamento integral da figura tributaria.
A complexidade técnica das operacións necesarias para a determinación
dos elementos cuantificadores do canon fai inevitables diversas referencias
a métodos analíticos e procesos que se agrupan nun anexo ó
texto articulado. A devandita opción de ordenación non exceptúa,
nembargantes, as normas expresadas, do seu carácter regulador da parte
do procedemento
a que se refiren e constitúen tamén preceptos de necesaria observancia
tanto para a Administración xestora como para os contribuíntes,
na medida en que están suxeitos á práctica das operacións
descritas.
Por todo isto, e de conformidade coa habilitación legal contida na disposición
derradeira segunda da Lei 8/1993, por proposta do conselleiro de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda, oído o Consello Consultivo
de Galicia e logo de deliberación
do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteún
de xaneiro de mil novecentos noventa e nove,
DISPOÑO:
Artigo único.-Apróbase o Regulamento de desen-volvemento lexislativo
do capítulo IV da Lei 8/1993,
reguladora da Administración hidráulica, relativo ó canon
de saneamento que figura como anexo ó pre-sente
decreto.
Disposición adicional
As entidades subministradoras de auga facturaranlle o canon de saneamento ós
respectivos abonados suxeitos a el desde a data de entrada en vigor deste decreto.
Disposición transitoria
Naqueles casos nos que Augas de Galicia non efectuase aínda a liquidación
directa a que se refire a disposición adicional terceira do Decreto 27/1996,
procederase do seguinte xeito:
a) Augas de Galicia requirirá do suxeito pasivo unha declaración
específica do volume de auga consumido ou utilizado no período
comprendido entre o día 1 de xullo de 1995 e o día 31 de xaneiro
de 1996.
b) Se o suxeito pasivo contase con abastecemento procedente de entidade subministradora,
Augas de Galicia requiriralle a información sobre os caudais subministrados.
c) Cos datos así obtidos, Augas de Galicia emitirá unha única
liquidación directa en concepto de canon de saneamento correspondente
á totalidade do devandito período.
Disposición derrogatoria
Queda derrogado integramente o Decreto 27/1996, do 25 de xaneiro, polo que se
aproba o Regulamento de desenvolvemento lexislativo do capítulo IV da
Lei 8/1993, reguladora da Administración hidráulica de Galicia,
relativo ó canon de saneamento; así como cantas outras disposicións
de igual ou inferior rango se opoñan ó establecido no presente
decreto. Con excepción das ordes do conselleiro de Política Territorial,
Obras Públicas e Vivenda con datas do 8 de febreiro de 1996 e 9 demaio
de 1996, polas que se aproban determinados modelos ós que se refire o
Regulamento de desenvolvemento lexislativo do capítulo IV da Lei 8/1993.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o conselleiro de Política Territorial, Obras
Públicas e Vivenda para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento
do presente decreto.
Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó
da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, vinteún de xaneiro de mil novecentos noventa
e nove.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José Cuiña Crespo
Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda
REGULAMENTO DE
DESENVOLVEMENTO LEXISLATIVO DO CAPÍTULO IV DA
LEI 8/1993, REGULADORA DA ADMINISTRACIÓN HIDRÁULICA, RELATIVO
Ó
CANON DE SANEAMENTO
Capítulo I
Configuración do canon de saneamento
Sección primeira
Disposicións xerais
Artigo 1º.-Obxecto.
É obxecto do presente regulamento o desenvolvemento normativo do canon
de saneamento creado e regulado na Lei 8/1993, do 23 de xuño, como tributo
de carácter finalista destinado integramente ó financiamento de
gastos de investimentos e de
explotación de infraestructuras de evacuación en alta e de tratamento
de augas residuais de acordo coa programación aprobada polo Consello
da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Política Terri-torial,
Obras Públicas e Vivenda, e logo da aprobación da Xunta de Goberno
de Augas de Galicia.
Artigo 2º.-Normativa.
O canon de saneamento réxese:
a) Polas normas tributarias da Lei 8/1993, de 23 de xuño, reguladora
da Administración hidráulica de Galicia.
b) Polo presente regulamento e o resto de dis-posicións regulamentarias
específicas que se dicten en desenvolvemento da citada lei.
c) No seu defecto, polas disposicións legais e regulamentarias de carácter
xeral en materia tributaria.
Artigo 3º.-Competencias.
1. A xestión do canon de saneamento e a aplicación
dos recursos xerados mediante a súa exacción correspóndelle
ó organismo autónomo Augas de Galicia.
En consecuencia, correspóndenlle as funcións de:
a) Resolución de recursos e reclamacións en vía de xestión,
agás aqueles previstos no artigo 43.2º deste regulamento.
b) Comprobación e investigación nos termos previstos no capítulo
V deste regulamento.
c) Cualificación de infraccións e imposición de sancións.
d) Concesión de aprazamentos e fraccionamentos.
2. O organismo autónomo Augas de Galicia está obrigado a levar
un rexistro separado dos recursos obtidos por este concepto, que estará
suxeito a fiscalización pola Consellería de Economía e
Facenda.
Sección segunda
Elementos do tributo
Artigo 4º.-Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible do canon de saneamento a producción
de vertidos de augas e productos residuais realizados directa ou indirectamente
polos usuarios domésticos e industriais de auga, e susceptibles de contamina-las
augas continentais ou
marítimas. En todo caso, enténdese realizado o feito impoñible
polo consumo ou pola utilización potencial ou real da auga de calquera
procedencia.
2. Para efectos do presente regulamento, enténdese por vertido directo
o realizado inmediatamente sobre as augas continentais ou canle de rega ou desde
terra ó mar territorial, ou ben o realizado mediante infiltración
ó terreo; e por vertido indirecto o que
non reúne estas circunstancias, como o realizado en azarbes, rede de
sumidoiros, canles de desacougamento e pluviais.
3. Para efectos do presente regulamento, enténdese por usos industriais
ou asimilados da auga os efectuados polos usuarios, cando o consumo anual de
auga sexa igual ou superior a 3.000 m 3 , ou, cando sendo inferior, orixine
contaminación de carácter
especial na súa natureza ou na súa cantidade, nos termos expresados
no artigo 40 da Lei 8/1993; e por usos domésticos de auga aqueles que
non teñan a consideración de usos industriais ou asimilados.
4. De acordo co establecido no punto segundo do apartado primeiro, a aplicación
do canon de sanea-mento afecta:
a) Á utilización da auga subministrada polas entidades definidas
no artigo 6.2º deste regulamento.
b) Á utilización da auga procedente de captacións de augas
superficiais, subterráneas, pluviais ou de calquera outra procedencia
que efectúen directamente os mesmos usuarios.
c) Á utilización de auga procedente de entidades subministradoras
ou de aproveitamentos propios do contribuínte e nos termos establecidos
na lei.
5. Non darán lugar á aplicación do canon de saneamento
os usos da auga correspondentes a:
a) Subministración en alta a servicios públicos de distribución
de auga potable.
b) Alimentación de fontes públicas ou monumentais, bocas de rego
e extinción de incendios por conta de entidades públicas e os
seus servicios, propios ou concertados.
c) Utilización da auga para o uso de rega agrícola.
6. Estará exento do canon de saneamento o consumo ou a utilización
da auga para usos domésticos en núcleos nos que a poboación
de dereito non supere os 2.000 habitantes ou aqueloutras exencións referidas
a núcleos ou aglomeracións que se sinalen legalmente.
Artigo 5º.-Devengo e aboamento do canon.
1. O devengo do tributo prodúcese:
a) Nos supostos de manifestación do feito impoñible polo consumo
ou utilización da auga, tanto procedente dunha entidade subministradora
como de captacións propias, coincidindo coa devandita utilización
ou consumo, sen prexuízo da esixibili-dade
do canon de acordo cos períodos impositivos que estean establecidos.
b) En todo caso, e a falta da determinación a que se refiren os puntos
precedentes, no momento de producirse o vertido.
2. No caso de suxeitos pasivos con subministracións de auga efectuadas
por unha das entidades previstas no artigo 6.2º deste regulamento, o aboamento
do canon coincidirá co da facturarecibo correspondente.
3. No caso de suxeitos pasivos con aproveitamentos de auga non derivados da
subministración dun terceiro,
o canon será directamente liquidado por Augas de Galicia con periodicidade
trimestral.
Artigo 6º.-Suxeitos pasivos.
1. Son suxeitos pasivos en calidade de contribuíntes as persoas físicas
ou xurídicas de calquera natu-reza
e demais entidades sen personalidade xurídica ás que se refire
o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que, na súa calidade de usuarios
domésticos ou industriais de auga, produzan o feito impoñible
segundo é definido no artigo 4º deste regulamento.
2. As entidades subministradoras teñen a condición de suxeitos
pasivos substitutos do contribuínte en relación coa utilización
ou consumo da auga dos seus abonados.
3. Teñen a condición de entidades subministradoras de auga as
persoas físicas e xurídicas de calquera natureza que, mediante
instalacións de titularidade pública ou privada, ben sexa con
carácter oneroso ou gratuíto, efectúen unha subministración
en baixa de auga potable.
4. Na súa virtude, dentro do procedemento de xestión do canon
de saneamento, as devanditas enti-dades
subministradoras están obrigadas a:
a) Facturar e recada-lo tributo dos seus abonados.
b) Autoliquidar e ingresar dentro dos prazos establecidos as cantidades facturadas
unha vez foran percibidas ou cando a súa falta de pago non fora xustificada
de acordo co que prevé o artigo 17.3º.
c) Satisfacer como débeda tributaria as cantidades non facturadas en
incumprimento do que dispón a
letra a) precedente.
d) Cumpri-los deberes formais derivados da xestión e inspección
do tributo establecidos neste regu-lamento
ou nas normas tributarias de aplicación xeral.
Artigo 7º.-Base impoñible.
1. A base impoñible do canon consiste:
a) En xeral, no volume de auga consumido ou utilizado no período que
sexa considerado
b) Nos casos en que a Administración, de oficio ou por instancia do suxeito
pasivo, opte pola determinación
por medida directa ou por estimación obxectiva singular da carga contaminante,
a base consistirá na contaminación efectivamente producida ou
estimada, expresada en unidades de con-taminación
2. Para efectos deste regulamento, enténdese por carga contaminante a
cantidade total de materias ou formas de enerxía contidas nun vertido,
representada polo conxunto de valores obtidos para cada un dos parámetros
indicados no artigo 10, expresadas
nas unidades que alí se indican.
Artigo 8º.-Métodos de determinación da base impoñible.
A base impoñible determinarase:
a) Con carácter xeral, por estimación directa, mediante procedementos
de medida do volume da auga, ou dos establecidos para a carga contaminante nos
artigos 26º a 28 ºdeste reglamento, así como a través
das declaracións a que fan referencia os
artigos 21º e 29º, respectivamente, cando sexan aceptadas pola Administración.
b) Por estimación obxectiva nos seguintes casos:
b.1. Captacións superficiais, subterráneas ou pluviais de auga
, cando o volume de auga non sexa medido directamente.
b.2. Cando a base impoñible sexa determinada pola carga contaminante
cando non se efectuase a medida directa da base impoñible.
c) Con carácter supletorio por estimación indirecta segundo as
normas dos artigos 50 e 51 da Lei Xeral tributaria, a Administración
deberá motiva la adopción desta modalidade en relación
coas circunstancias que expresamente se indican e atenderá para a cuantificación
da base a magnitudes características da actividade do contribuínte,
tales como producción,
persoal empregado, potencia eléctrica contratada, volumes de materias
primas ou similares. A estimación indirecta procederá cando a
Administración non poida chegar a coñece los datos necesarios
para a estimación completa da base impoñible,
debido a algunha das seguintes causas:
c.1.Falta de presentación de declaracións.
c.2.Resistencia, escusa ou negativa á actuación inspectora.
c.3.Incumprimento substancial das obrigas impostas pola normativa vixente.
Artigo 9º.-Estimación obxectiva da base impoñible expresada
en volume de auga.
1. Nas captacións de augas superficiais ou subterráneas que non
teñan instalados dispositivos de medición de caudais e que fosen
obxecto de concesión ou resolución administrativa, a base impoñible
trimestral será o resultado de dividir por catro
o caudal anual máximo obxecto de concesión.
2. No caso de captacións subterráneas que non teñan instalados
dispositivos de medida directa de caudais, e non fosen obxecto de concesión
nin de resolución administrativa o consumo mensual, para os efectos da
aplicación do canon, avaliarase en fun-ción
da potencia nominal do grupo elevador mediante a fórmula:
25.000 × P Q=----------------
h +20
No cal:
Q é o consumo mensual facturable expresado en metros cúbicos.
P é a potencia nominal do grupo ou grupos elevadores expresada en kilovatios.
h é a profundidade dinámica media do acuífero
na zona considerada, expresada en metros.
3. En caso de aproveitamentos de augas pluviais ou augas superficiais que non
teñan instalados dispositivos de medición de caudais nin fosen
obxecto de concesión ou resolución administrativa, e nos que a
distribución de auga se produza mediante bombeo, a base impoñible
mensual será determinada por aplicación da seguinte fórmula:
25.000 × P Q=----------------
20
Nacal P e Q sonosvalores indicados no punto segundo.
4. Nos aproveitamentos previstos no punto anterior, nos que a distribución
de auga se produza por gravidade
a través dunha ou varias conduccións, a base impoñible
trimestral será determinada, para cada unha delas, por aplicación
da seguinte fórmula:
Q = 454 x Qm.
Na cal:
Q é o consumo trimestral facturable expresado en metros cúbicos.
Qm é a capacidade hidráulica máxima da conducción
expresada en metros cúbicos por hora.
Artigo 10º.-Estimación directa da carga contaminante.
1. Os parámetros de contaminación que se considerarán na
determinación da carga contaminante, de acordo co procedemento previsto
no artigo 26º, son os seguintes:
a) Materias en suspensión (MES).
b) Sales solubles (SOL).
c) Materias oxidables (MO).
d) Metais pesados (MP).
e) Materias inhibidoras (MI).
2. A cantidade de contaminación correspondente a cada un dos parámetros
medirase como segue:
a) Nas materias en suspensión, por concentración na auga despois
da solubilización das sales solubles.
b) O contido en sales solubles da auga pola conductividade da auga (a 25 Cº)
expresada en Siemens por centímetro (S/cm). A cantidade de sal vertido
expresarase mediante o producto destas conductividades polo volume vertido:
SOL = S/cm x m 3 .
c) Nas materias oxidables, pola súa concentración na auga, unha
vez repousadas as materias decantadas
en dúas horas.
As materias oxidables determinaranse de acordo coa ecuación:
MO = (2/3)DQO
d) Os metais pesados (MP), pola suma dos miligramos por litro existentes na
auga dos seguintes metais, mercurio Hg, cadmio Cd, chumbo Pb, aluminio Al, cromo
Cr, cobre Cu, níquel Ni e cinc Zn, afectadas cada unha das concentracións
encontradas
por un coeficiente multiplicador en función da súa perigosidade
potencial, de acordo coa seguinte expresión:
Mg/l de equimetal= (200 × mg/l de Hg) + (40 ×mg/l de Cd) +(40 ×mg/l
de Pb) +(10 ×mg/l de Al)+ (4 × mg/l de Cr) + (2 × mg/l de
Cu) + (2 × mg/l de Ni) + (1 x mg/l de Zn); e todo iso dividido por «n»,
sendo «n», o número de metais realmente analizados.
e) As materias inhibidoras (MI), pola cantidade contida na auga, unha vez repousadas
as materias decantadas en dúas horas, medindo a inhibición de
mobilidade de Daphnia magna, Strauss, ou ben a inhibición da luminiscencia
de Photobacterium
phosphoreum. Se a medición feita mediante o primeiro dos devanditos métodos
evidencia simultaneamente materias
inhibidoras e sales solubles, a base relativa ás materias inhibidoras
reducirase, para os efectos da súa determinación, en 70 equitox
por cada S/cm X m 3 .
Sendo:
S/cm= o índice de conductividade do vertido, que determina o seu contido
en sales solubles.
S/cm x m 3 = a cantidade de sales solubles vertidas nun determinado volume de
m 3 de auga.
Equitox= índice de medición das materias inhibidoras presentes
na auga despois de decantala durante dúas horas e medindo a inhibición
de mobilidade de Daphnia magna, Strauss, ou ben a inhibición da luminiscencia
de Photobacterium phosp-horeum.
3.Os elementos enumerados nos puntos anteriores serán analizados segundo
os métodos e procedementos detallados no anexo 1 deste regulamento.
Artigo 11º.-Tipo de gravame.
O tipo de gravame exprésase en pesetas por metro cúbico ou en
pesetas por unidade de contaminación en función da base impoñible
a que deba aplicarse.
Artigo 12º.-Usos da auga para efectos de aplicación do canon.
1. Para os efectos da aplicación do canon reputaranse como usos domésticos
tódolos supostos de utilización da auga que constitúan
feito impoñible daquel que non teñan a consideración de
industriais ou asimilados, segundo o disposto no punto seguinte.
2. Terán a consideración de usos industriais ou asimilados da
auga os efectuados polos usuarios, sexan ou non empresas industriais, nos que
o consumo anual de auga sexa igual ou superior a 3.000 m 3 , ou cando sendo
inferior, orixine contaminación
de carácter especial na súa natureza ou na súa cantidade.
Para estes efectos, considerarase que un usuario orixina tal contaminación,
cando medida ou estimada a contaminación diaria vertida, segundo os parámetros
definidos no artigo 10, resulte que é superior á correspondente
a douscentos habitantes
equivalentes.
3. As referencias a un determinado número de metros cúbicos de
consumo para a cualificación de usos domésticos ou industriais
entenderanse con respecto ó ano inmediatamente anterior ou no suposto
de nova creación elevarase o consumo do mes primeiro
ó ano.
Artigo 13º.-Cantidade de contaminación equivalente a un habitante.
Ós efectos do artigo anterior, fíxase como cantidade de contaminación
diaria a considerar por cada habi-tante ou «habitante equivalente».
a) 90 gramos de materia en suspensión.
b) 57 gramos de materias oxidables.
Capítulo II
Xestión do canon de saneamento percibido por medio de entidades subministradoras
Artigo 14º.-Obriga de facturación.
1. Tódalas entidades subministradoras de auga que desenvolvan a súa
actividade no territorio de Galicia están obrigadas a facturar e recadar
dos seus abonados o canon de saneamento.
2. Para este efecto, as entidades subministradoras deberán adapta lo
formato das súas facturas-recibo ou outros documentos de xeito que figuren,
de forma diferenciada e comprensible os seguintes datos:
a) O número de metros cúbicos facturados no período de
que se trate.
b) O tipo de gravame en pesetas por metro cúbico, afectado, se é
o caso, dos coeficientes de concen-tración demográfica que sexan
de aplicación, segundo o previsto na Lei de orzamentos.
c) O importe facturado en concepto de canon.
3. En ningún caso poderá incluírse o canon de saneamento
en documento separado das facturas-recibo que emitan as entidades subministradoras
ós seus abonados.
4. No caso que dentro dun mesmo período de facturación teña
lugar a modificación do tipo de gravame do canon, cada un deles será
aplicado ó volume facturado en proporción ó número
de días de vixencia respectiva dentro do período.
5. As subministracións especiais, domésticas e industriais, realizadas
por calquera entidade subministradora, estarán suxeitas, se procede,
á aplicación do canon. Para a súa facturación e
percepción, as empresas subministradoras quedan obrigadas a
confeccionar, antes do último día do ano natural en que tivera
lugar a subministración, unha factura- recibo coas especificacións
detalladas no número 2 deste artigo e a esixilo seu cobro. Terán
a consideración de subministracións especiais, para
efectos da aplicación do canon, os consumos propios das entidades subministradoras,
e as subministracións
non facturadas ós usuarios, sempre que non sexan destinados ós
usos indicados no artigo 4.5º deste regulamento.
6. As entidades subministradoras de auga están obrigadas ó pagamento
das cantidades correspondentes ó canon que non facturaron ós seus
abonados.
Esta obriga será esixible desde a data de expedición das facturas
ou dos recibos que se emitisen infrinxindo as obrigas que impón este
artigo, ou ben desde a data límite de emisión da factura-recibo
a que fai referencia o número 5 del.
7. A facturación do canon de saneamento que efectúen as entidades
subministradoras ós seus abonados, terán a consideración
de actuación tributaria reclamable segundo o disposto no artigo 43º
deste decreto, entendéndose efectuada a súa notificación
desde que a devandita facturación fose comunicada en forma fidedigna
ó abonado ou ben desde que exista constancia de que este tivo coñecemento
da facturación.
Artigo 15º.-Facturación segundo carga contaminante.
1. Por iniciativa da Administración, cando a cota resultante da medición
da carga contaminante sexa superior á que se deduza da determinación
do canon por volume de auga utilizado, ou por solicitude do contribuínte,
o tipo aplicable a un abonado de usos
industriais da auga poderá ser individualizado nunha tarifa unitaria
calculada en función da contaminación producida.
2. A medida da carga contaminante efectuarase de acordo cos procedementos regulados
na sección segunda do capítulo III do presente regulamento e o
tipo aplicable que resulte da dita medida será notificado pola Administración
á entidade subministradora
para os efectos da súa aplicación na seguinte factura-recibo expedida.
Artigo 16º.-Declaración e declaracións-autoliquidacións
por conta das entidades subministradoras.
1. Dentro dos meses de xaneiro e xullo, as entidades subministradoras presentarán,
por cada municipio que abastezan e en relación cos respectivos semestres
naturais de cada ano, as autoliquidacións, axustadas ó modelo
aprobado para o efecto das cantidades percibidas en concepto de canon naqueles
períodos.
2. Dentro do mes de marzo de cada ano as entidades subministradoras presentarán,
tamén por cada municipio, as declaracións resumo do ano anterior,
axustadas ó modelo aprobado para o efecto.
Estas declaracións resumo conterán a determinación do saldo
pendente facturado e non percibido a final de ano e irán acompañadas
de:
a) Unha autoliquidación axustada ó modelo aprobado ó efecto
por cada municipio abastecido, de regularización das cantidades percibidas
ata a data da súa presentación e non liquidadas nos períodos
a que se refire o punto 1.
b) Unha declaración anual do importe facturado neto, unha vez deducidos
erros e anulacións, axustada ó modelo aprobado para o efecto.
c) Unha relación daqueles abonados ós que se lles facturou o canon
de saneamento de acordo co tipo correspondente ós usos domésticos
e que, ó finalizalo ano, consumiron máis de 3.000 metros cúbicos
de auga.
d) Unha relación daqueles abonados ós que se lles facturou o canon
de saneamento de acordo co tipo correspondente ós usos industriais e
que, ó finalizalo ano, consumiron menos de 3.000 metros cúbicos
de auga.
3. As cantidades percibidas dos usuarios polas entidades subministradoras correspondentes
ó saldo pendente do ano anterior incorporaranse ás auto-liquidacións
do semestre respectivo. Xunto coa declaración resumo do mes de marzo
de cada ano, as entidades subministradoras procederán a xustificar, na
forma que se detalla no número seguinte, as cantidades aínda non
percibidas do saldo pendente na declaración resumo do mes de marzo do
ano anterior. Esta xustificación terá, en relación cos
contribuíntes, o carácter de declaración para os efectos
previstos no artigo 65 da Lei xeral tributaria.
O importe non xustificado do devandito saldo considerarase como débeda
tributaria líquida da entidade, e ingresarase no momento da presentación
da declaración resumo a que fai referencia o punto 2 precedente.
4. A xustificación a que fai referencia o número anterior farase
mediante a presentación dunha relación documentada axustada ó
modelo aprobado para o efecto.
5. Unha vez presentada a documentación detallada no punto anterior as
entidades subministradoras que eventualmente reciban pagamentos correspondentes
a cantidades xustificadas de acordo co procedemento que se describe deberán
ingresa-lo seu importe no organismo xestor, coincidindo coas autoliquidacións
semestrais a que se refire o punto 1. As autoliqui-dacións
acompañaranse neste caso dunha relación documentada segundo o
modelo aprobado para o efecto.
6. As autoliquidacións a que se refire o presente artigo terán
a consideración de actuacións tributarias impugnables en vía
económico-administrativa, de acordo co que se prevé no artigo
42º.
Artigo 17º.-Liquidacións administrativas e notificacións.
1. A Administración poderá practicar liquidacións provisionais
das declaracións-autoliquidacións presentadas
polas entidades subministradoras co fin de:
a) Corrixi-los erros aritméticos ou de concepto.
b) Rectifica las autoliquidacións, de acordo cos datos que consten previamente
en poder da oficina xestora.
c) Liquida-la recarga establecida no artigo 61.3 da Lei xeral tributaria cando
o ingreso se producise fóra de prazo.
2. As liquidacións administrativas serán notificadas ás
entidades interesadas, logo do trámite de audiencia, facendo constar:
a) Os elementos básicos determinantes da débeda tributaria.
b) Breve expresión, se procede, dos motivos da corrección ou rectificación.
c) Os recursos que se poidan interpor.
d) O lugar e os prazos de pago.
3. O rexeitamento da notificación intentada en horas de funcionamento
normal da empresa ou entidade producirá tódolos efectos propios
da notificación sempre que exista constancia por medio de dilixencia
asinada polo empregado de correos ou
axente notificador con expresión da identidade deste, do número
da liquidación e da data e hora do intento. Idénticas consecuencias
seguiranse do rexeitamento da notificación das liquidacións a
que se refiren os artigos 24º e 30º.
Artigo 18º.-Xestión dos saldos pendentes.
As cantidades correspondentes ós saldos pendentes a que fai referencia
o artigo 16º.3, e xustificadas consonte o previsto no artigo 16º.4,
serán notificadas ós interesados pola Administración, para
o seu ingreso en período voluntario antes de pasar, se procede, á
súa exacción en vía de constrinximento segundo o procedemento
previsto no artigo 40º deste regu-lamento.
Artigo 19º.-Ingresos.
1. O ingreso das débedas tributarias derivadas da xestión do canon
de saneamento efectuarase nas oficinas da Administración designadas para
o efecto así como nas contas restrinxidas de recadación que sexan
autorizadas.
2. Os prazos de ingresos serán:
a) Polas débedas autoliquidadas, simultaneamente coa presentación
da declaración autoliquidación, dentro dos prazos establecidos
no artigo 16º.
b) Polas débedas liquidadas pola Administración e notificadas
dentro da primeira quincena de cada mes natural, ata o día 5 do seguinte
mes.
c) Polas débedas liquidadas pola Administración e notificadas
a partir do día 16 e ata o remate de cada mes, ata o día 20 do
seguinte mes.
Artigo 20º.-Subvencións.
A Administración xestora poderá establecer subvencións
en favor das entidades subministradoras de auga dirixidas á compensación
dos gastos dos elementos materiais que precisen para levar a termo o cumprimento
das obrigas derivadas da súa intervención na xestión do
canon de saneamento. Para estes efectos, o Consello da Xunta promoverá
a promulgación
da correspondente norma habilitante.
Capítulo III
Xestión do canon de saneamento en aproveitamentos efectuados directamente
polo contribuínte
Sección primeira
Procedemento xeral
Artigo 21º.-Declaración inicial.
1. Tódolos titulares e usuarios reais de aproveitamentos de augas procedentes
de captacións superficiais, subterráneas, pluviais ou de calquera
outra procedencia suxeitos ó canon de saneamento, están obrigados
a presentar unha declaración inicial (se-gundo o modelo aprobado para
o efecto) que conterá tódolos datos e os elementos necesarios
para a aplicación singular do tributo. A devandita obriga esténdese
ós abonados das entidades subministradoras de auga, nos supostos en que
así sexan expresamente requiridos por parte de Augas de Galicia.
2. A declaración inicial deberá ser presentada ante o organismo
xestor no prazo dun mes contado desde o inicio do aproveitamento.
3. Calquera alteración das características declaradas deberá
ser comunicada ó organismo xestor dentro do prazo dun mes desde o momento
que se produza.
4. O incumprimento das obrigas establecidas neste artigo constituirá
unha infracción sancionable de acordo co disposto no artigo 36º
deste regulamento.
Artigo 22º.-Fixación da modalidade de aplicación do canon
e da tarifa aplicable.
1. A Administración á vista dos datos contidos na declaración
formulada e outros dos cales puidese dispoñer, dictará unha resolución
na cal fixará de maneira singular a modalidade de aplicación do
canon e a tarifa aplicable, expresada en pesetas por
metro cúbico que corresponda a cada contribuínte.
2. A mesma resolución poderá decidir, se procede, sobre outros
aspectos que hai que considerar na aplicación
do canon de saneamento e, en particular, sobre os que fan referencia a prazos
de aplicación e revisións do tipo de gravame fixado.
3. Antes de dicta-la resolución, o expediente deberá poñerse
de manifesto ó interesado, durante un prazo de quince días, nos
seguintes casos:
a) Cando a Administración teña que utilizar datos ou elementos
de xuízo non contidos na declaración.
b) Cando a Administración non acceda ás modalidades de aplicación
solicitadas polo usuario.
4. A tarifa contida nesa resolución revisarase automaticamente, sen necesidade
dunha nova resolución, no caso de producírense por disposición
legal aumentos ou diminucións dos valores asignados ós parámetros
de contaminación, ós valores de base
por volume ou outros elementos da base ou tipo de tributo.
Artigo 23º.-Declaracións periódicas.
1. Os contribuíntes comprendidos no artigo 21º presentarán
ó organismo xestor, dentro dos primeiros vinte días naturais de
cada trimestre, unha declaración segundo modelo aprobado para o efecto
dos volumes de auga consumidos ou utilizados no tri-mestre
inmediato anterior, coa lectura practicada en calquera dos aparellos de medida
aceptados.
Estes aparellos serán declarados polos contribuíntes mediante
modelo aprobado para o efecto.
2. No caso de aproveitamentos que non tivesen instalado un aparello de medida
de volumes farase a avaliación por estimación obxectiva, segundo
dispón o artigo 9º.
Artigo 24º.-Liquidacións e notificacións.
1. O organismo xestor practicará, á vista dos volumes declarados,
a liquidación provisional do trimestre correspondente, que será
notificada ó suxeito pasivo. A regularización das devanditas liquidacións
levarase a cabo nos mesmos termos previstos no artigo
30º.9.
2. No caso de falta de presentación da declaración periódica
a que se refire o artigo anterior, a Administración
procederá:
a) A abrir expediente sancionador, segundo prevén os artigos 31º
e seguintes.
b) A practicar e notificar, logo do trámite de audiencia, se é
o caso, a liquidación provisional por estimación indirecta, baseada
no consumo do derradeiro trimestre declarado ou na media dos catro últimos
trimestres declarados, aplicándolle os xuros
de demora na contía regulada no artigo 42º.
c) A requiri-la presentación da declaración.
3. O organismo xestor practicará liquidacións complementarias
de acordo co tipo correspondente ós
usos industriais e sobre a totalidade da base impoñible a aqueles contribuíntes
ós que se liquidou o canon de acordo co tipo doméstico e que,
ó finaizalo ano, a suma das declaracións ás que se refire
o artigo 23º.1 dese un resultado superior a 3.000
metros cúbicos. Do mesmo xeito procederase nos supostos previstos no
artigo 16º.2.c).
4. No suposto previsto no artigo 16º.2.d) o organismo xestor, logo da comprobación
dos datos que constan no expediente, procederá, se é o caso, á
devolución de ingresos indebidos.
Artigo 25º.-Ingresos.
Serán de aplicación ó procedemento regulado nos artigos
precedentes as normas do artigo 19º, en todo canto se refira ó ingreso
das cotas tributarias resultantes.
Sección segunda
Normas específicas de procedemento para a determinación da contaminación
producida
Artigo 26º.-Medida directa da contaminación.
1. A Administración, de oficio, poderá aplicalo canon de saneamento
en función da contaminación producida, determinada por medida
directa de acordo co procedemento establecido nos artigos seguintes, cando a
cota resultante da devandita medición
sexa superior á que se deduza da determinación do canon por volume
de auga utilizado.
2. A execución das probas, análises e mostraxes na que consista
a medida directa será en todo caso levada a cabo ben polo organismo xestor,
ben por un dos establecementos técnicos auxiliares recoñecidos
de acordo co que regulamentariamente se
dispoña.
3. O procedemento poderá iniciarse, así mesmo, por instancia do
contribuínte. En tal caso, os gastos xerados pola realización
das operacións de medida serán por conta do solicitante, con independencia
do resultado ou duración das devanditas operacións.
4. Cos resultados obtidos, a Administración resolverá a aplicación
individualizada do canon de saneamento.
Artigo 27º.-Medición inicial.
1. A medida da carga contaminante vertida por un usuario industrial comezará
coa visita das instalacións e a redacción dun informe técnico
no cal se analicen as peculiaridades existentes de xeración de contaminación:
Usos da auga.
Tipos de procesos.
Productos utilizados.
Perdas de auga por evaporación ou incorporación, así como
posibles incrementos de auga. Tipos de dispositivos de tratamento das augas
residuais ou de regulación da contaminación.
O informe técnico debe rematar coa proposta dun plan de medicións
e toma de mostras para a carac-terización
dos vertidos.
2. Para conseguir unha representatividade adecuada da carga contaminante xerada
procederase a unha medición inicial de carácter continuado. De
oficio ou por instancia do interesado poderá reducirse o tempo de toma
de mostras fixado no punto
seguinte.
3. O tempo de mostraxe continuado será o correspondente a unha quenda
laboral completa. Se o usuario industrial presentase unha gran variedade de
procesos de fabricación ou puntas de estacionalidade que provoquen modificacións
substanciais na can-tidade ou calidade dos vertidos, este tempo poderá
ser ampliado e fraccionado, para os efectos de tomar mostras significativas
dos diversos vertidos. Estas mostras, debidamente ponderadas, fixarán
a cantidade de contaminación producida, en función dos
diversos períodos de fabricación, de volume de auga e da concentración
da contaminación xerada en cada caso.
4. Durante a medición e toma de mostras, unha representación do
usuario industrial suxeito a control pode acompañar ó persoal
encargado da Administración e pedirlle a entrega de mostras xemelgas,
así como facer constar na dilixencia que levante
tódalas observacións que considere oportunas.
Unha vez rematada a medición, o persoal encargado entregaralle unha copia
da dilixencia levantada, que deberán asinar ámbalas dúas
partes.
5. Os resultados da medición inicial permanecerán vixentes mentres
non sexa revisada de acordo co disposto no artigo 28º.
Artigo 28º.-Revisión da medición inicial.
1. No caso de variacións dos procesos productivos, do réxime de
vertidos ou por calquera outra causa
que modifique substancialmente as condicións nas que se levou a cabo
a medición inicial, ou a declaración de carga contaminante regulada
no artigo seguinte, a Administración de oficio, ou por instancia do contribuínte,
poderá realizar unha nova medición
ou ben requiri-la presentación dunha autodeclaración actualizada,
segundo sexa o caso.
2. Os controis puntuais ou continuados que realice a Administración como
comprobación da vixencia da medición inicial ou da declaración
presentada, efectuados segundo o procedemento descrito nos puntos 2,3 e 4 doartigo
27º, poderán servir como
base para a modificación dos valores das unidades de contaminación.
Artigo 29º.-Declaración da carga contaminante vertida.
1. O procedemento regulado nos artigos precedentes poderá ser substituído,
de oficio ou por petición do interesado, por unha declaración
de carga contaminante presentada polo contribuínte segundo o modelo aprobado
para o efecto.
2. A Administración, antes de dictala resolución correspondente,
poderá rectifica-la dita declaración de acordo cos datos de que
dispoña, dando audiencia ó contribuínte.
3. No caso que o contribuínte manifeste a súa desconformidade
coa proposta da Administración esta
procederá a realiza la medición directa da contaminación
de acordo co especificado nos artigos 26º, 27º ou, no caso de concorrelos
orzamentos para iso, a súa estimación obxectiva, segundo o previsto
no artigo 8º b).
4. Os resultados da declaración, unha vez aceptados pola Administración
permanecerán vixentes mentres non sexan revisados, ben sexa de acordo
co disposto no artigo 28º ou por unha nova decla-ración.
Artigo 30º.-Resolucións de determinación da base impoñible
e da tarifa e liquidacións do canon.
1. De acordo co resultado das operacións efectuadas, que se incorporarán
ó expediente, a Admi-nistración, dictará unha resolución
fixando a modalidade de aplicación do canon de saneamento e os elementos
integrantes da base impoñible e da tarifa
expresada en pesetas por metro cúbico.
2. Con carácter previo á súa resolución, o expediente
poñerase de manifesto ó interesado sempre que sexa preceptivo
segundo as normas xerais de procedemento.
3. Na devandita resolución fixaranse, se proceden, o coeficiente corrector
de volume, que expresa a relación existente entre o caudal de auga vertido
e o caudal subministrado e o coeficiente de vertido ó mar.
Para os efectos da aplicación do coeficiente de vertido ó mar,
os valores de dilución inicial indicados no artigo 40.7º da Lei
8/1993 serán determinados de acordo coa vixente normativa en materia
de conduccións de vertidos desde terra ó mar. De oficio
ou por instancia do interesado, poderán aplicarse outros métodos
autorizados pola Administración.
4. A resolución poderá preve la realización dun número
mínimo ou determinado de operacións complementarias
de medida da carga contaminante ou de calquera dos elementos que interveñen
na determinación da base impoñible ou no cálculo da cota
do tributo.
Así mesmo, tamén poderá prevela instalación obrigatoria,
por conta do establecemento, de aparellos de medida permanente de caudais e
de mostraxe. Neste último caso a resolución fixará os datos
que deste proporciona-lo suxeito pasivo, a perio-dicidade
destas e os mecanismos de inspección e acceso do persoal da Administración
para a verificación dos aparellos.
5. A tarifa resultante da resolución indicada no punto primeiro será
de aplicación a partir do período de liquidación seguinte
no que se efectúe a petición por parte dos contribuíntes,
ou o inicio por parte da Administración do procedemento que dá
lugar
á determinación da base impoñible por medida directa da
contaminación, a súa modificación nos supostos do Art.
28º, ou a presentación da declaración de carga contaminante
vertida regulada polo Art. 29º.
6. No suposto de que non se producisen liquidacións correspondentes á
producción do feito impoñible con anterioridade á notificación
da resolución regulada no punto primeiro deste artigo, a tarifa resultante
dela aplicarase ós períodos trimestrais
anteriores non liquidados.
7. No caso de aproveitamentos de augas efectuados directamente polo contribuínte,
as liquidacións correspondentes practicaranse por trimestres naturais
vencidos, e será de aplicación, se é o caso, o previsto
nos artigos 23º e 24º. No caso de abonados conectados a entidades
subministradoras rexerá o indicado no Art. 15º.
8. A petición por parte dos contribuíntes ou o inicio por parte
da Administración do procedemento que dá lugar á determinación
da base impoñible por medida directa da contaminación, de modificación
dela nos supostos do Art. 28º ou a presentación da
declaración de carga contaminante vertida regulada polo Art. 29º,
non suspenderá a práctica, nin a obriga de atende-lo seu abono,
das liquidacións realizadas de acordo coa modalidade de determinación
da base impoñible existente anterior ó devandito momento, tanto
no caso de que o canon de saneamento sexa percibido por medio das entidades
subministradoras como se é percibido directamente pola propia Administración
xestora.
9. As liquidacións realizadas nos supostos regulados no punto precedente
terán a consideración de liquidacións provisionais. A comprobación
das anteriores liquidacións provisionais, de oficio, ou por instancia
do suxeito pasivo, será realizada direc-tamente
pola Administración xestora tanto no caso de que o canon de saneamento
sexa percibido por medio das entidades subministradoras como se é percibido
directamente pola propia Administración xestora.
Capítulo IV
Infraccións e sancións
Artigo 31º.-Infraccións e sancións.
1. O réxime de infraccións e de sancións en materia de
canon de saneamento é o vixente con carácter xeral para o resto
dos tributos da Xunta de Galicia.
2. As sancións por infraccións graves e por infraccións
simples graduaranse e aplicaranse en cada caso segundo os criterios enunciados
nos artigos 82º a 89º, ámbolos dous inclusive, da Lei xeral
tributaria e na normativa dictada para o seu desenvolvemento.
Artigo 32º.-Competencia.
Os expedientes sancionadores por infraccións relativas ó canon
de saneamento incoaranse por acordo do presidente de Augas de Galicia. As sancións
que procedan serán impostas:
a) As que consistan en multa pecuniaria fixa ou proporcional, polo presidente
de Augas de Galicia se corresponden a infraccións simples e polo conselleiro
de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, corresponden
a infraccións graves.
b) As que se refiren nos puntos b) e c) do artigo 81.1º da Lei xeral tributaria,
polo conselleiro de Economía e Facenda.
c) As previstas no punto a) do artigo 81.1º da Lei xeral tributaria, polo
Consello da Xunta.
Artigo 33º.-Procedemento.
1. A imposición de sancións tributarias realizarase mediante expediente
independente daqueles instruídos para a comprobación e investigación
da situación tributaria do suxeito infractor.
2. O procedemento iniciarase de oficio mediante acordo do presidente de Augas
de Galicia, por propia iniciativa, por orde superior ou por petición
razoada dos órganos de xestión do canon de saneamento. O acordo
incorporará o nomeamento de instructor.
3. O instructor formulará prego de cargos, que indicará os seguintes
extremos:
a) Identificación da persoa ou entidade presuntamente responsable.
b) Feitos que motivan a incoación, a súa posible cualificación
e a cuantificación das sancións que poidan impoñerse.
c) Órgano competente para a resolución do expediente.
d) Indicación do dereito a formular alegacións e á audiencia
no procedemento.
e) Posibilidade de recusación do instructor.
4. Cando no procedemento sancionador se tomen en conta datos procedentes dos
expedientes de investigación
e comprobación da situación tributaria do suxeito presuntamente
responsable, aqueles serán formalmente incorporados ó expediente
sancionador con anterioridade ó trámite de audiencia.
5. O expediente será instruído de oficio, realizando cantas actuacións
resulten necesarias para deter-minar, se é o caso, a existencia da infracción
tributaria.
6. Á vista das alegacións formuladas á incoación
e ó prego de cargos, e trala conclusión da instrucción,
formularase proposta de resolución, na que se fixarán motivadamente
os feitos constatados e a súa cualificación xurídica, con
determinación da infracción
que poidan constituír, concretarase o seu responsable e a sanción
que se propoña con expresión dos correspondentes criterios de
gradación; noutro caso, se propoñerá a declaración
de inexistencia de infracción ou responsabilidade.
7. A proposta de resolución notificarase ós interesados, con posta
de manifesto do expediente e concesión dun prazo de quince días
para formulalas alegacións e presenta-la documentación que consideran
conveniente.
8. Tralo devandito prazo de alegacións, a proposta será elevada
ó organo competente, xunto coa documentación
que consta no expediente, e cun informe do instructor sobre as alegacións,
se se presentasen.
9. Finalmente, o órgano competente dictará resolución motivada,
á vista dos documentos indicados no punto anterior, con fixación
dos feitos, valoración das probas practicadas e con determinación
da infracción cometida, do seu responsable e da sanción que se
impón xunto cos criterios de gradación; noutro caso, declararase
a inexistencia de infracción ou de
responsabilidade.
10. A resolución, que deberá adoptarse no prazo de seis meses
desde a incoación do expediente, notificarase
ós interesados, con expresión dos medios de impugnación
e as correspondentes instancias e prazos para facelo.
Capítulo V
Outras normas de procedemento
Sección primeira
Procedemento de comprobación e investigación
Artigo 34º.-Actuacións de comprobación e investigación.
1. A comprobación e investigación do canon de saneamento será
exercido por funcionarios do orga-nismo xestor especificamente nomeados para
o efecto polo presidente de Augas de Galicia, e que actuarán baixo o
seu mando. Nembargantes, por proposta do presidente de Augas de Galicia, o conselleiro
de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda poderá
motivadamente solicitalo auxilio do persoal inspector da Consellería
de Economía e Facenda
As facultades dos funcionarios antes citados serán as que a normativa
xeral atribúe ós órganos encargados da comprobación
e investigación dos tributos, en particular, as de exame de libros, documentos
e xustificantes contables, coas limitacións que a cita-da normativa xeral
establece. A entrada e recoñe-cemento dos predios levarase a cabo nos
termos do
artigo 141 da Lei xeral tributaria.
2. Corresponderalle ó presidente de Augas de Galicia dicta las liquidacións
derivadas das actuacións de comprobación e investigación;
así como resolve los recursos de reposición que, se é o
caso, se interpoñan contra estas.
Artigo 35º.-Lugar e tempo das actuacións de comprobación
e investigación.
1. As actuacións de comprobación e investigación terán
lugar, indistintamente, no domicilio do suxeito pasivo ou do seu representante,
onde se realicen as actividades gravadas polo canon de saneamento ou ben nas
dependencias do organismo xestor.
2. Os funcionarios inspectores poderán requirila presentación
nas oficinas da Administración dos rexistros e modelos oficiais referidos
ó canon de saneamento indicados neste regulamento. Noutro caso, os libros
e a documentación do suxeito pasivo
que teñan relación co feito impoñible do canon ou coa súa
xestión no suposto das entidades submi-nistradoras, serán examinados
no domicilio destes e na súa presencia ou na do seu representante.
3. As actuacións de comprobación e investigación terán
lugar nos locais da empresa ou entidade suxeita ás ditas actuacións
dentro da xornada laboral de oficina ou da actividade que rexa nela. Cando as
actuacións teñan lugar nas oficinas do organismo
xestor, axustaranse ó horario oficial deste.
4. As actuacións que se van efectuar nas dependencias do organismo xestor
iniciaranse mediante comunicación debidamente notificada cunha antelación
mínima de dez días. A recepción da comunicación
producirá os seguintes efectos:
a) Interrupción dos prazos de prescrición ou caducidade da acción
administrativa que estivese en
curso.
b) Os ingresos que puidesen efectuarse con posterioridade terán o carácter
de ingresos a conta e non impedirán a aplicación das sancións
polas infraccións nas que o obrigado tributario incorrese.
Os mesmos efectos producirá a comparecencia en forma dos funcionarios
actuantes nos locais ou oficinas
do obrigado tributario, documentada mediante unha dilixencia.
Artigo 36º.-Expediente de comprobación e investigación.
1. Os expedientes de comprobación e investigación comprenderán
tódolos documentos que emitan os funcionarios actuantes coa finalidade
de recolle los resultados das actuacións de comprobación e investigación.
2. Se dos expedientes anteriores resultasen diferencias coas declaracións
dos suxeitos pasivos, pro-cederase
a practica-la oportuna liquidación complementaria de oficio, por parte
do organismo xestor.
Artigo 37º.-Documentación das actuacións de inspección
e comprobación.
1. As actuacións de inspección e comprobación do canon
de saneamento documentaranse en actas ou en dilixencias.
2. Os resultados das actuacións inspectoras nos que se propoña
unha liquidación tributaria documentaranse
en actas, co contido previsto no artigo 145 da Lei xeral tributaria e na súa
normativa de desenvolvemento.
3. As actuacións inspectoras consistentes en medición de caudais
de abastecemento ou de vertido ou de medición de contaminación,
e, en xeral, aquelas non tendentes directamente á determinación
da débeda tributaria, documentaranse en dilixencias, nas que se fará
constar, como mínimo, o seguinte:
a) Identificación do inspector e do suxeito pasivo ou do seu representante.
b) Lugar e tempo das actuacións.
c) Descrición das operacións técnicas levadas a cabo e
resultado das medicións in situ.
d) No caso de toma de mostras, ofrecerase unha mostra xemelga ó interesado.
e) As alegacións e manifestacións do interesado, se é o
caso.
Sección segunda
Imposición de sancións derivadas das actuacións de comprobación
e investigación
Artigo 38º.-Procedemento.
Cando, no curso das actuacións de comprobación e investigación,
se observe a comisión de presuntas infraccións tributarias, procederase
á iniciación do correspondente expediente sancionador, que será
tramitado separadamente e consonte os termos dos artigos 31º e seguintes
deste regulamento.
Sección terceira
Procedemento de recadación
Artigo 39º.-Recadación.
A recadación en período voluntario, dentro dos prazos establecidos,
correspóndelle ó organismo xes-tor, con suxeición ás
normas do Regulamento xeral de recadación e disposicións modificativas
e com-plementarias. A recadación en periodo executivo corresponderá
á Consellería de Economía e Facenda.
Artigo 40º.-Recadación en vía de apremio.
1. Transcorridos os prazos de recadación en período voluntario,
a Intervención Delegada do organismo xestor procederá a estender:
a) Certificación de descuberto das débedas tributarias individualizadas
das entidades subminis-tradoras
de auga ou dos titulares ou usuarios reais de aproveitamento de auga.
b) Relación certificada das débedas non pagadas dos usuarios.
2. Os títulos executivos serán enviados ó órgano
competente da Consellería de Economía e Facenda, que dictará
a correspondente providencia de constrinximento.
Estes títulos terán a mesma forza executiva que a sentencia xudicial
para proceder contra os bens e dereitos dos debedores.
3. O procedemento será o regulado no Regulamento xeral de recadación
e as súas disposicións modificativas e complementarias.
Artigo 41º.-Aprazamentos e fraccionamentos.
1. A competencia para outorgar aprazamentos e fraccionamentos das débedas
tributarias, en período voluntario, correspóndelle ó presidente
de Augas de Galicia.
O procedemento será o regulado no Regulamento xeral de recadación
e as súas disposicións modificativas e complementarias.
2. A facultade prevista no artigo 53 do Regulamento xeral de recadación,
en casos en que se dean circunstancias excepcionais ou razóns de interese
público correspóndelle ó conselleiro de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
Artigo 42º.-Xuros de demora.
1. A falta de ingreso dentro dos prazos regulamentarios das cotas debidas e
notificadas pola Administración por canon de saneamento, determinará
a esixibilidade de xuros de demora desde o día seguinte ó seu
vencemento.
2. Cando o ingreso da débeda tributaria teña lugar fóra
do prazo establecido sen previo requirimento serán de aplicación
as recargas establecidos na Lei xeral tributaria.
3. O tipo de xuro de demora cando proceda a súa aplicación será
o establecido para o resto dos tributos da Xunta de Galicia.
Sección cuarta
Procedemento de revisión
Artigo 43º.-Actos impugnables.
1. Poden ser obxecto de reclamación económico-administrativa,
logo de, potestativamente, recurso de reposición:
a) As liquidacións provisionais ou definitivas a que se refiren os artigos
17º, 24º, 30º e 34º.
b) Os actos administrativos de fixación das tarifas e modalidades regulados
nos artigos 22º e 30º.
c) As providencias de constrinximento a que se refire o artigo 40º.2.
d) Os actos de imposición de sancións, previstos nos artigos 31º
a 33º.
e) Calquera outro acto administrativo que, provisional ou definitivamente, declare
un dereito ou unha obriga e os de trámite que decidan directa ou indirectamente
sobre o fondo do asunto.
2. Teñen a consideración de actuacións tributarias impugnables
en vía económico-administrativa:
a) As actuacións reguladas no artigo 16º, logo de instancia ante
os órganos de xestión da súa confirmación ou rectificación.
b) Os actos das entidades subministradoras a que se refire o artigo 14º.7.
Artigo 44º.-Competencia.
1. É competente para resolve los recursos de reposición o mesmo
órgano que dictase o acto obxecto do recurso.
2. As reclamacións económico-administrativas
serán resoltas polo Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade
Autónoma.
Artigo 45º.-Procedemento.
1. O prazo para a interposición do recurso potestativo de reposición
é de quince días contados desde a notificación do acto
impugnado.
2. O prazo para a interposición da reclamación económico-administrativa
é de quince días con-tados:
a) Cando se interpoña directamente, desde a data de notificación
do acto impugnados.
b) Cando se interpuxese recurso de reposición previo, desde a notificación
do acto expreso resolutorio do recurso.
c) Cando este non se resolvese no prazo de trinta días desde a súa
interposición, o recorrente poderá consideralo desestimado e inicia-la
vía económico-administrativa. Ó notificarse a resolución
expresa e con independencia do tempo transcorrido desde
a desestimación presunta, comezará a computarse o prazo a que
se refire o punto 2 anterior.
3. O procedemento do recurso de reposición axustarase ás normas
do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro de 1979, e as suas disposicións
modificativas e complementarias.
4. O procedemento da reclamación económico-administrativa axustarase
ás normas do Regulamento de procedemento na materia.
Disposicións adicionais
Primeira.-Para a estimación obxectiva da carga contaminante o Consello
da Xunta aprobará por decreto as táboas que conteñen as
clases de actividades, as súas magnitudes características e os
coeficientes específicos de contaminación correspon-dentes
a cada actividade.
Segunda.-As normas técnicas referenciadas no anexo deste regulamento
entenderanse sempre en relación coa última actualización
publicada e serán substituídas polas normas UNE equivalentes,
a partir do momento da súa publicación.
ANEXO
Métodos analíticos e procedementos para a determinación
dos parámetros de contaminación. 1. Preparación e conservación
da mostra.
Tódalas augas sometidas a análise pasaranse previamente por un
baruto de malla cadrada de cinco (5) milímetros.
A determinación das materias oxidables e das materias inhibidoras débese
efectuar sobre mostras decantadas durante dúas horas.
A decantación previa á medición das materias oxidables
e materias inhibidoras efectuarase da seguinte forma: verterase un litro de
auga que se analizara dentro da probeta. Despois de deixala repousar durante
dúas horas e sen engadirlle as materias
decantadas ou as que poidan flotar, succionaranse por sifón cincocentos
mililitros (500 ml) de auga, mantendo a boca do instrumento de succión
no centro dunha sección da probeta, a media altura entre a superficie
do lodo depositado e a superficie do líquido.
O diámetro interior do tubo de succión será de cinco milímetros
(5 mm).
Para información, anotarase o volume de materia decantada en dúas
horas, lido sobre a probeta de decantación.
No caso particular de que a carga contaminante, en materias oxidables ou en
materias inhibidoras, da auga que se vai analizar estivese concentrada na parte
flotante, a preparación da mostra que se vai analizar deberíase
facer, como no caso xeral,
sobre auga decantada durante dúas horas. Así mesmo, rematada a
decantación succionaranse as materias sedimentadas e homoxeneizarase
adecuadamente o resto, da que se separarán, nas condicións habituais,
cincocentos (500) ml que servirán para a análise.
As determinacións da DQO e das materias inhibidoras faranse sobre a mostra
así obtida.
Para esta decantación utilizarase preferentemente unha probeta especial
formada por unha parte cónica e unha cilíndrica. A parte cónica,
de 19 cm de altura, terá un ángulo de vértice da xeratriz
co eixe, de nove graos sesaxesimais (9). A parte cónica quedará
coroada pola parte cilíndrica de trinta centímetros (30 cm) de
altura e seis centímetros e medio (6,5) de diámetro interior.
Por outra banda poderase utilizarunha probeta similar sempre que a altura de
sedimentación sexa a establecida (49 cm). As pro-betas
poderán ter unha billa no extremo inferior para facilita las operacións
de succión e limpeza.
2. Método para a determinación das materias en suspensión.
As materias en suspensión serán medidas segundo a norma UNE-EN
872, de setembro de 1996, seguindo
o sistema de filtración por discos filtrantes de fibra de vidro.
No caso de que o filtrado anterior non sexa efectivo utilizarase como sistema
alternativo a técnica de centrifugación
realizada segundo a norma Afnor T 90-1054-2, de xaneiro de 1997.
No caso de mostras que conteñan sales solubles non disoltas, as materias
en suspensión mediranse despois de solubiliza las citadas sales solubles,
o que se realizará diluíndo a mostra con auga per mutada ou destilada
ata que a conductividade sexa
inferior a cincocentos microsiemens por centímetro (500 micro s/cm).
Controlarase este valor e comprobarase
que permanece constante durante un cuarto de hora, mentres se remove a mostra.
Procederase entón á medición das materias en suspensión,
tal como indica a norma, tendo en conta o factor de dilución no resultado
final.
O conxunto de materias en suspensión poderá ser obxecto de corrección
no caso de utilizar un aparello de captación continua, por ter en conta
a captación imperfecta de materias en suspensión. Neste caso,
tomarase manualmente unha mostra representativa dunha hora de vertido, polo
menos, e mediranse as materias en suspensión totais contidas nesta mostra.
Calcularase, entón, a relación entre as materias en suspensión
contidas, por unha banda, nesta mostra manual, e por outra, na mostra elemental
levantada polo aparello durante o mesmo período de tempo, e, a continuación,
multiplicaranse por este coefi-ciente os contidos das materias en suspensión
totais obtidos nas diversas mostras elementais que proporcionase o aparello
de mostraxe automática.
3. Método para a determinación da demanda química de osíxeno.
De forma xeral a determinación da demanda química de osíxeno
efectuarase, sobre a auga decantada durante dúas horas, polo método
do dicromato potásico segundo a norma Afnor T 90-101. Logo do acordo
entre a Administración xestora e o contribuínte, poderase segui-la
norma Une 77-004-89 ou un método reducido equivalente.
No caso de mostras con contidos salinos, superiores a 3 g/l, seguirase o método
508 D referenciado na Standard Methods 16th Edition.
No caso de mostras que poidan presentar valores de DQO inferiores a 50 mg/l
empregarase o método 5220B.4b referenciado na Standard Methods 17th Edition.
4. Método para a determinación das sales solubles. Enténdese
por sales solubles dunha auga o conxun-to da masa salina contida nela. A determinación
das sales solubles efectuarase segundo a norma Afnor T 90-111 expresando os
resultados a 25º C.
5. Método para a determinación das materias inhibidoras A determinación
de materias inhibidoras efectuarase sobre a auga decantada durante dúas
horas, baseándose na determinación da inhibición da mobilidade
de Daphnia-Magna-Strauss de acordo coa norma UNE-EN-ISO 6341, ou ben na inhibición
da luminiscencia da Photobacterium phosphoreum, de acordo coa norma Afnor T
90-320.
No caso de utilizarse o método descrito na norma Afnor T 90-320, os equitox
deberán determinarse a 15 minutos (15').
Para a conservación da mostra seguiranse as indicacións marcadas
en cada unha das normas.
Para os efectos da determinación do canon de saneamento, os resultados
que presenten valores inferiores a 1 equitox/m 3 serán considerados coma
de valor 0.
6. Método para a determinación de metais pesados.
6.1. Método para a determinación do mercurio. A mostra filtrada,
inmediatamente despois da toma, a través dunha membrana filtrante de
0,45 micras de diámetro medio de poro (exenta de mer-curio), preservarase
engadindo ácido nítrico con-centrado
(d=1,4 g/ml) ata axustala a un pH igual ou inferior a 1 e engadindo a continuación
unha solución de permanganato potásico (50 g/l) á dose
de 4 ml de solución por litro de mostra. A determinación do mercurio
efectuarase segundo o método descrito na norma UNE-EN 1483, de xaneiro
de 1998.
6.2. Método para a determinación dos metais cadmio, cobre, níquel,
chumbo, cromo, cinc e aluminio. Para a determinación do contido en metais
disoltos, a mostra deberase filtrar, inmediatamente despois da toma, por unha
membrana filtrante de 0,45 micras de diámetro medio de poro (previamente
lavada cunha solución de ácido nítrico 1,5 M). O filtrado
des-tinado
a análise deberase preservar en frascos de polietileno, acidificándoo
con ácido nítrico concentrado (d=1,40 g/ml) ata un pH inferior
a 2 (xe-ralmente abondará coa adición de 5 ml de ácido
nítrico concentrado por litro de mostra).
A determinación de cobre, níquel, chumbo, cinc e aluminio efectuarase
segundo o método descrito na norma UNE 77-056-83, de maio de 1983.
A determinación do cadmio efectuarase por espectrometría de absorción
atómica de lapa segundo o método descrito na norma UNE-EN-ISO
5961, de decembro de 1995.
A determinación do cromo efectuarase por espectrometría de absorción
atómica de lapa segundo o método descrito na norma UNE-EN 1233,
de febreiro de 1997.
O método anteriormente mencionado para a determinación do cobre,
níquel, chumbo, cinc e aluminio poderá ser substituído
polas normas UNE-EN equivalentes para cada metal, a partir do momento da súa
publicación.